martes, 15 de maio de 2018

ACTIVIDADES BIBLIOTECA

Ao longo deste curso 2017/2018 leváronse a cabo unha serie de actividades dende a biblioteca do centro para fomentar o hábito lector entre os alumnos... aquí podedes ver un pequeno resumo de todas elas...

martes, 22 de novembro de 2016

A nosa biblio sae na TVG!!

Durante o día de hoxe estivemos traballando na biblioteca do centro coa Protección Civil do Concello de Verín, nun proxecto chamado PROTEDUCA. Nel aprendemos como actuar en situacións de emerxencia.


Clic na imaxe para ver o vídeo

martes, 15 de novembro de 2016

xoves, 16 de xuño de 2016


Día do libro
Neste día fíxose unha sesión de contacontos do libro "O monstruo de cores" a cargo dos nenos e nenas de sexto de primaria. Cada clase logo de escoitalo conto foi á biblioteca do centro e alí escribiron en papeis de distintas cores o que sentían,  para gardalas despois nos botes de cada unhas das emocións do conto.
Un día con moitas emocións.

mércores, 8 de xuño de 2016


Os nenos pasárono xenial nesta sesión de contacontos a cargo de Iago López. O conto do Lobiño riquiño encantoulle a pequenos e grandes.

xoves, 17 de marzo de 2016

Recomendacións de Erik,Luis,Tatiana e Lara

            


Recomendamos aos nenos de infantil que lean o libro de:HARRY y su cubo de dinosaurios.Titulado:Un terrible felinosaurio.Este libro trata sobre un neno que vive unha aventura nun mundo máxico cos seus bonecos dinosaurios e esta vez tamén co gato da súa amiga.Se queredes saber o que pasa  terédelo que descubrir  vós mesmos.






 Os nenos de terceiro e cuarto de educación primaria poderán disfrutar do libro de Mortadelo e Filemón:O kamikaze Regúlez.Este libro trata  das divertidas historias de dous homes chamados Mortadelo e Filemón.Sempre hay cousas divertidas.Se vos gustan as aventuras este é o voso libro.

                                             Esta é a portada do libro.


Recomendámoslle a todos os nenos e nenas de quinto e sexto curso de primaria o libro de:Kika súper bruxa e o feitizo de Nadal.Este libro trata dunha rapaza que ten poderes máxicos e vive diversas aventuras.Este é o libro adecuado para todos os nenos e nenas aos que lle gusta as aventuras máxicas.



Por último,pero non por elo menos importante facémoslle un homenaxe a todos os nenos e nenas que teñen unha discapacidade co libro de:Cuerdas.De Pedro Solís.Este libro trata sobre un neno discapacitado que encontra unha amiga, ela chámase María, todos os días xoga con él para poder ensinarlle diferentes xogos que coñece.Se queredes coñecer máis datos do libro terédelo que ler vós.


Luis, Tatiana, Lara e Erik. (6º de Educación Primaria)